Resonancias. Foro profesional de instrumentos musicais

Resonancias. Foro profesional de instrumentos musicais

Música no Claustro
Valsts Spānija
Valoda GL
Epizodes 53
Jaunākā 31.12.2025

Resonancias é unha plataforma de divulgación que reúne experiencias, reflexións e ideas sobre a investigación, a conservación e a construción de instrumentos musicais. Os contidos forman parte do Foro profesional impulsado pola Fundación Pública Artesanía de Galicia, no marco do festival Música no Claustro, con sede na Catedral de Tui. O podcast está financiado pola Unión Europea a través dos fondos Next Generation do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia, e conta co apoio do Ministerio de Cultura de España.

Epizodes

  • Cabo Verde e o Batuku 31.12.2025 38min
    Neste episodio de Resonancias viaxamos ao Festival de Batuku de Tarrafal, na Illa de Santiago, para achegarnos a unha das manifestacións culturais máis antigas e poderosas de Cabo Verde.A través da música, da danza e da palabra, percorremos a historia dun ritmo que sobreviviu á represión colonial grazas ao enxeño, á resistencia e ao papel fundamental das mulleres na súa preservación.Contamos coa participación de Mário Lúcio, Marisa Correia e Ana Paula Moura, tres voces clave para comprender a evolución do batuku, desde os espazos comunitarios ata os escenarios contemporáneos. Unha expresión cultural viva que segue a expandirse máis alá do arquipélago, conectando memoria, identidade e novas xeracións.Dirección: Beatriz FontánProdución executiva e comisariado: Samuel DizDeseño gráfico: Beatriz FontánRevisión lingüística: Olga NogueiraInterveñen: Mário Lúcio, Marisa Correia e Ana Paula MouraFotografía de portada: ©Beatriz FontánEste PODCAST está financiado pola Unión Europea a través dos fondos Next Generation do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia do Ministerio de Cultura, no marco das Axudas Públicas para a Promoción do Sector do Videoxogo, do Podcast e doutras Formas de Creación Dixital.
  • Museu de la música de Barcelona 27.12.2025 49min
    Os museos de música son espazos onde o patrimonio material dialoga co son, coa memoria e coa práctica viva. Neste episodio achegámonos ao Museu de la Música de Barcelona para coñecer como se constrúe, se conserva e se activa unha colección de instrumentos musicais nun museo especializado, en paralelo á preservación de acervos persoais de nomes propios da música catalá.Conversamos con Marisa Ruiz Magaldi, xefa de coleccións e documentación desde 2015, sobre a historia e a estrutura da institución, os criterios de adquisición e exposición, o papel das reservas e os retos da conservación preventiva. Falamos tamén dos protocolos que determinan cando un instrumento pode soar e cando debe permanecer en silencio, así como das vías de acceso á investigación do acervo do museo.Dirección: Beatriz FontánProdución executiva e comisariado: Samuel DizDeseño gráfico: Beatriz FontánRevisión lingüística: Olga NogueiraIntervén: Marisa Ruiz MagaldiMúsica: "So de pastera”, do compositor Baltasar Samper (Mallorca, 1888- México, 1966), interpretada por Javier Riba e Samuel Diz en "Memoria de la melancolía" (Poliédrica, 2020). Fotografía de portada: ©Beatriz FontánEste PODCAST está financiado pola Unión Europea a través dos fondos Next Generation do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia do Ministerio de Cultura, no marco das Axudas Públicas para a Promoción do Sector do Videoxogo, do Podcast e doutras Formas de Creación Dixital.
  • Women in lutherie. Unha comunidade para as mulleres na lutería 21.12.2025 31min
    A lutería é un oficio no que a presenza das mulleres segue a ser minoritaria, pero nos últimos anos estase a producir un cambio progresivo e significativo. Neste episodio de Resonancias falamos de xénero, memoria e futuro a través de Women in Lutherie, unha comunidade internacional que traballa para visibilizar o papel das mulleres na construción, investigación e conservación de instrumentos musicais.Conversamos con Ruth Obermayer, lutier alemá afincada en Granada e Community Facilitator desta comunidade, sobre a orixe do proxecto, os desafíos actuais do sector, a relación coas novas xeracións e a necesidade de crear espazos seguros e redes de apoio. Un episodio para entender un movemento silencioso que está a resignificar o oficio desde dentro e a construír un horizonte máis xusto, diverso e compartido para as mulleres na lutería.Dirección: Beatriz FontánProdución executiva e comisariado: Samuel DizProdución de son: Isaac PalacínDeseño gráfico: Beatriz FontánRevisión lingüística: Olga NogueiraIntervén: Ruth ObermayerMúsica: "Dona Alvela" interpretada por Faia e Bleuenn Le Freic no Festival Música no Claustro 2024.Fotografía de portada: Ruth Obermayer por © Adrián Ortiz ArandesEste PODCAST está financiado pola Unión Europea a través dos fondos Next Generation do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia do Ministerio de Cultura, no marco das Axudas Públicas para a Promoción do Sector do Videoxogo, do Podcast e doutras Formas de Creación Dixital.
  • Música e son na experiencia dos viaxeiros británicos en Galicia. Eva Moreda 18.12.2025 32min
    A musicóloga galega Eva Moreda, especialista na historia musical da España contemporánea, toma o artigo “Music in Spanish Galicia” (1924), do británico John Brande Trend, como detonante para abrir unha nova liña de investigación dedicada á música e ao son na experiencia dos viaxeiros británicos en Galicia. A súa participación conta co apoio do Glasgow Knowledge Exchange Fund da Universidade de Glasgow, institución da que é catedrática de musicoloxía.Moreda explora como, antes de Trend, diversos viaxeiros británicos visitaron Galicia a comezos do século XX e deixaron nas súas guías e memorias nu-merosas referencias á música e aos sons que escoitaron: gaitas, pandeiretas, procesións, música relixiosa ou cancións populares. A través destas testemuñas —de Annette Meakin, Walter Wood, Catherine Hartley ou Aubrey Bell— reconstrúe a paisaxe sonora histórica desa época e analiza como contribuíron a crear un imaxinario británico sobre Galicia, ás veces idealizado, pero sempre revelador.Dirección: Beatriz Fontán.Produción executiva e comisariado: Samuel Diz.Produción de son: Isaac Palacín.Deseño gráfico: Beatriz Fontán.Revisión lingüística: Olga Nogueira.Intervén: Eva Moreda.Música: Música: "Romance de don Gaiferos" Romance de cego arranxado por Pedro Lamas, e interpretado por Germán Díaz, Antonio Romero Cienfuegos e o propio Lamas no Festival Música no Claustro 2024Fotografía de portada: Nikolai ZelmjannikovEste PODCAST está financiado pola Unión Europea a través dos fondos Next Generation do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia do Ministerio de Cultura, no marco das Axudas Públicas para a Promoción do Sector do Videoxogo, do Podcast e doutras Formas de Creación Dixital.
  • O entusiasmo na lutería: Ana Fariña, Guillermo Dacal e Patricia Cela. 14.12.2025 33min
    Neste episodio escoitamos as voces de Ana Fariña, Guillermo Dacal e Patricia Cela, tres persoas que deciden apostar polo oficio da construción de instrumentos musicais desde lugares e momentos vitais moi distintos, equilibrando vocación, realidade e entusiasmo.A través das súas experiencias persoais coñecemos mudanzas internacionais, retornos a Galicia, aprendizaxes intensas e paróns necesarios. Fálannos das dificultades reais do oficio, dos retos económicos e emocionais, dos teitos de cristal e tamén da importancia de atopar espazos de calma onde crear, reparar e recuperar sentido.As súas traxectorias, honestas e cheas de humanidade, lembran que detrás de cada instrumento feito a man hai unha vida en cambio continuo. E que compartir estes procesos, falar deles e poñelos en común, fortalece o sector e dálle valor á artesanía contemporánea. Dirección: Beatriz FontánProdución executiva e comisariado: Samuel DizProdución de son: Isaac Palacín e Samuel DizDeseño gráfico: Beatriz Fontán.Revisión lingüística: Olga Nogueira.Interveñen: Ana Fariña, Guillermo Dacal e Patricia CelaMúsica: «Tempo molto moderato» e «Lento expresssivo» do "Quintet for Oboe and Strings" de Arnold Bax (Londres 1883 - Cork, 1953). Iria Folgado "Ecos de Breogán" (Poliédrica, 2023).Fotografías de portada: Retratos de Ana Fariña e Guillermo Dacal cedidas por Artesanía de Galicia e o retrato de Patricia Cela feito por Elena Llanes. Este PODCAST está financiado pola Unión Europea a través dos fondos Next Generation do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia do Ministerio de Cultura, no marco das Axudas Públicas para a Promoción do Sector do Videoxogo, do Podcast e doutras Formas de Creación Dixital.
  • Prevención de riscos laborais nos obradoiros de instrumentos musicais 07.12.2025 39min
    Neste episodio exploramos un tema esencial, aínda que pouco tratado nos obradoiros de instrumentos musicais: a prevención de riscos laborais. Falamos do impacto que teñen materiais, procesos, espazos de traballo e hábitos profesionais na saúde das persoas que constrúen, manteñen e reparan instrumentos musicais. Para iso contamos con dúas voces complementarias:A lutier asturiana Elena Llanes, que en 2012 realizou o seu traballo de fin de máster de riscos laborais sobre o obradoiro de construción de gaitas de Patricia Cela, introduce os riscos reais como o po de madeira, os fungos, as vibracións ou o ruído. E, por outra banda, Sergio Meyer Escoboza, docente e técnico de formación e emprego da Escola Albayzín, Centro de Referencia Nacional en Artesanía, que explica como se está a incorporar a prevención de riscos na formación regrada das futuras xeracións de lutieres e profesionais da artesanía. Dirección: Beatriz Fontán.Produción executiva e comisariado: Samuel Diz.Produción de son: Samuel Diz.Deseño gráfico: Beatriz Fontán.Revisión lingüística: Olga Nogueira.Interveñen: Elena Llanes e Sergio Meyer EscobozaMúsica: "Cuarteto modal”, da compositora María Teresa Prieto, interpretada polo Moser String Quartet en Música no Claustro 2024.Fotografía de portada: Obradoiro Cella Fine Violins.Este PODCAST está financiado pola Unión Europea a través dos fondos Next Generation do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia do Ministerio de Cultura, no marco das Axudas Públicas para a Promoción do Sector do Videoxogo, do Podcast e doutras Formas de Creación Dixital.
  • Intérpretes e lutería. Unha convesa entre Raquel Areal e María Casado 01.12.2025 24min
    Neste episodio achegámonos ao diálogo entre construción, interpretación e repertorio a través dunha conversa entre a violinista galega Raquel Areal, integrante da Filharmónica de Berlín, e a xestora cultural e violinista María Casado, coordinadora do programa MUSAE (Música en los Museos Estatales) do Ministerio de Cultura. Xuntas reflexionan sobre o acceso aos instrumentos, a importancia da honestidade na relación coas persoas lutieres, as carencias formativas na lutería dentro dos conservatorios e a necesidade de fortalecer a conexión entre profesionais da interpretación e da construción. Dirección: Beatriz FontánProdución executiva e comisariado: Samuel DizProdución de son: Isaac Palacín.Deseño gráfico: Beatriz Fontán.Revisión lingüística: Olga Nogueira.Interveñen: Raquel Areal e María Casado.Música: "Nocturne”, da compositora Lili Boulanger interpretada pola propia Raquel Areal xunto á pianista Karla Martínez Rabanal en Música no Claustro 2025.Fotografía de portada: Música no Claustro.Este PODCAST está financiado pola Unión Europea a través dos fondos Next Generation do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia do Ministerio de Cultura, no marco das Axudas Públicas para a Promoción do Sector do Videoxogo, do Podcast e doutras Formas de Creación Dixital.
  • Mapeo de eventos arredor dos instrumentos musicais 23.11.2025 33min
    Trazamos unha cartografía polos principais eventos que hoxe articulan o ecosistema arredor da construción, investigación e difusión dos instrumentos musicais. Desde o foro Resonancias, onde nace este podcast, ata o recente encontro Zona da zanfona, celebrado en Arzúa, percorremos feiras, encontros profesionais, xornadas científicas e festivais que poñen en diálogo a lutería, a artesanía, a interpretación e a investigación organolóxica.Viaxamos polas Xornadas de Instrumenta, polo Encontro Profesional Galego para a Construción de Instrumentos impulsado por LABRA (Asociación Profesional Galega de Construción de Instrumentos Musicais), polo Memorial Ricardo Portela, pola Mostra de Instrumentos de Música Tradicional de Pardiñas, polo Encordass Fiddle Fest, na Illa de San Simón, e pola 21ª edición de Zona da Zanfona.Dirección: Beatriz FontánProdución executiva e comisariado: Samuel DizProdución de son: Isaac Palacín.Deseño gráfico: Beatriz Fontán.Revisión lingüística: Olga Nogueira.Interveñen: Dani García de la Cuesta, Ana Fariña, Xaneco Tubío, Oli Giráldez, Alfonso Franco e Mauro Sanin.Música: "Muiñeira de Calvos de Randín”, interpretada por Pedro Lamas, Germán Díaz, Antonio Romero Cienfuegos e Uxía Diz en Música no Claustro 2024.Fotografía de portada: Música no Claustro.Este PODCAST está financiado pola Unión Europea a través dos fondos Next Generation do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia do Ministerio de Cultura, no marco das Axudas Públicas para a Promoción do Sector do Videoxogo, do Podcast e doutras Formas de Creación Dixital.
  • Identidades: arte, artesanía e autoría. Porta da Pía Artesanía, Noroeste Obradoiro e Aitor. 16.11.2025 34min
    Neste episodio presentamos un debate sobre as fronteiras líquidas entre arte, artesanía e autoría.Conversamos con Susana Cabo Buján propietaria da tenda de artesanía Porta da Pía, José Castro xoieira de Noroeste Obradoiro e Aitor Martínez artesán en madeira, tres voces que representan diferentes xeitos de entender a creación contemporánea.Un diálogo sobre identidades, marcas comerciais e persoais, valores compartidos e soños de futuro para a artesanía galega.Dirección: Beatriz FontánProdución executiva e comisariado: Samuel DizProdución de son: Isaac Palacín.Deseño gráfico: Beatriz Fontán.Revisión lingüística: Olga Nogueira.Interveñen: Susana Cabo Buján, José Castro e Aitor Martínez.Música: "Adagio para corno inglés”, do compositor Fernando Buide del Real (Santiago de Compostela, 1980), Iria Folgado "Ecos de Breogán" (Poliédrica, 2023).Fotografía de portada: Música no Claustro.Este PODCAST está financiado pola Unión Europea a través dos fondos Next Generation do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia do Ministerio de Cultura, no marco das Axudas Públicas para a Promoción do Sector do Videoxogo, do Podcast e doutras Formas de Creación Dixital.
  • Oficina Española de Patentes e Marcas, unha entidade pública ao servizo da artesanía 09.11.2025 48min
    A Oficina Española de Patentes e Marcas é unha entidade pública que protexe as patentes e os modelos de utilidade, así como as marcas e os deseños industriais na artesanía. Esta entidade custodia un dos arquivos históricos máis importantes do mundo no relativo ao enxeño e á creatividade humana na súa faceta de propiedade industrial. Pablo López de Unceta e Eduardo Rodríguez Álvarez, guían este percorrido polo pasado, presente e futuro da protección da nosa capacidade de inventar.Dirección: Beatriz FontánProdución executiva e comisariado: Samuel DizProdución de son: Isaac Palacín.Deseño gráfico: Beatriz Fontán.Revisión lingüística: Olga Nogueira.Interveñen: Pablo López de Unceta e Eduardo Rodríguez Álvarez.Músicas: "Atardecer”, do compositor Juan José Mantecón (Vigo, 1895- Madrid, 1964), interpretada por Samuel Diz en "Impresiones y paisajes, como el primer libro de Lorca" (Poliédrica, 2015). “El fandango de Candil: Bolero” de Gustavo Durán (Barcelona 1906- Atenas, 1969) , gravación histórica de Antonia Mercé "La Argentina" (Buenos Aires, 1890- Bayona, 1936), Odeon, 1929.Fotografía de portada: Privilexio Real de 1854, "Mecanismo que hace pasar a un órgano del tono de capilla al de orquesta y viceversa", de Juan Amezua. Ministerio de Industria y Turismo, Oficina Española de Patentes y Marcas, O.A. Archivo, Fondo Histórico PR_1185.Este PODCAST está financiado pola Unión Europea a través dos fondos Next Generation do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia do Ministerio de Cultura, no marco das Axudas Públicas para a Promoción do Sector do Videoxogo, do Podcast e doutras Formas de Creación Dixital.
  • Ciencia, tecnoloxía, experimentación e fama dos construtores de instrumentos musicais na historia. Cristina Bordas 02.11.2025 32min
    A musicóloga Cristina Bordas, referente internacional en organoloxía, condúcenos nun percorrido pola historia das persoas construtoras de instrumentos musicais: artesás, inventoras e enxeñeiras que uniron ciencia, tecnoloxía e arte para facer posible a música.Desde os obradoiros medievais ata as patentes do século XIX, Bordas amosa como a busca da harmonía impulsou avances técnicos e simbólicos, desde o compás e os autómatas ao piano de Cristofori. Un diálogo entre historia, experimentación e creatividade que reivindica o valor das persoas que transformaron o son en patrimonio universal.Cristina Bordas é catedrática emérita da Universidade Complutense de Madrid e Doutora en Historia e Ciencias da Música coa tese "La producción y el comercio de instrumentos musicales en Madrid, 1770-1870". É autora dos catálogos "Instrumentos musicales en colecciones españolas" (Centro de Documentación de Música y Danza, INAEM/ICCMU, 1999). É membro da Sociedad Española de Musicología, do ICOM-CIMCIM ou do IMS Study Group Musical Iconography. É socia fundadora da Sociedad de la Vihuela, el Laúd y la Guitarra; así como de Instrumenta, asociacións das que foi presidenta en diferentes períodos.Dirección: Beatriz FontánProdución executiva e comisariado: Samuel DizProdución de son: Isaac Palacín.Deseño gráfico: Beatriz Fontán.Revisión lingüística: Olga Nogueira.Intervén: Cristina Bordas.Música: "Toque de clave”, da compositora Gisela Hernández Gonzalo (Cuba, 1912-1971), interpretada por Karla Martínez Rabanal en Música no Claustro 2025.Fotografía de portada: Música no Claustro.Este PODCAST está financiado pola Unión Europea a través dos fondos Next Generation do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia do Ministerio de Cultura, no marco das Axudas Públicas para a Promoción do Sector do Videoxogo, do Podcast e doutras Formas de Creación Dixital.
  • O cuatro, un instrumento portorriqueño, construído con castiñeiro galego. Ricardo Ramos e Pablo Hernández Mejías 18.10.2025 28min
    Ricardo Ramos naceu en Bayamón, municipio de Porto Rico, illa caribeña cunha identidade musical propia marcada polo son do cuatro: un instrumento de corda pulsada que constrúe actualmente no seu obradoiro situado en Sarria (Lugo). O seu traballo combina o respecto á tradición boricua coas innovacións adquiridas na súa formación en Granada e La Herradura, achegando novas técnicas de construción. Como mostra deste diálogo, Ricardo Ramos presenta un cuatro construído con madeira galega de castiñeiro.Escoitamos a sonoridade deste instrumento grazas ao músico Pablo Hernández Mejías, que interpreta danzas, mazurcas e aguinaldos de Porto Rico en mestura con ecos da música europea, revelando a versatilidade e a forza expresiva deste instrumento da cultura popular portorriqueñaDirección: Beatriz FontánProdución executiva e comisariado: Samuel DizProdución de son: Isaac Palacín.Deseño gráfico: Beatriz Fontán.Revisión lingüística: Olga Nogueira.Interveñen: Ricardo Ramos e Pablo Herández Mejías Fotografía da portada cedida por Artesanía de GaliciaEste PODCAST está financiado pola Unión Europea a través dos fondos Next Generation do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia do Ministerio de Cultura, no marco das Axudas Públicas para a Promoción do Sector do Videoxogo, do Podcast e doutras Formas de Creación Dixital.
  • Un violonchelo con madeiras do rural galego. Adrian M. Pereiro e ensaia. 13.10.2025 23min
    Adrián M. Pereiro é un lutier galego formado na Escola de Artes e Oficios de Vigo e na Escola Vasca de Luthería de Bilbao (BELE). En 2023 desenvolveu o proxecto “Un chelo, catro historias”: un violonchelo construído con madeiras procedentes das catro provincias galegas. Cada madeira achega unha historia vencellada á cultura, á artesanía ou á recuperación do patrimonio no ámbito rural. Detrás deste proxecto está ensaia., unha comunidade de financiamento colectivo que impulsa a creatividade, a innovación e o talento en Galicia. Cada ano, persoas de todo o mundo colaboran de forma voluntaria e anónima para facer posible a súa bolsa anual, destinada a apoiar traxectorias con impacto positivo no país. Artesanía, deseño, música, xestión cultural ou emprendemento rural son algunhas das disciplinas beneficiadas por este modelo. Dirección: Beatriz FontánProdución executiva e comisariado: Samuel DizProdución de son: Isaac Palacín.Deseño gráfico: Beatriz Fontán.Revisión lingüística: Olga Nogueira.Interveñen: Adrián Martínez Pereiro e a Comunidade ensaia. Fotografía da portada: Música no Claustro.Este PODCAST está financiado pola Unión Europea a través dos fondos Next Generation do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia do Ministerio de Cultura, no marco das Axudas Públicas para a Promoción do Sector do Videoxogo, do Podcast e doutras Formas de Creación Dixital.
  • Pablo Carpintero e Rosa Sánchez: as gaitas de fol na provincia de Pontevedra. 29.08.2025 35min
    O contido deste PODCAST ten a súa orixe na conferencia realizada por Pablo Carpintero e Rosa Sánchez  sobre as súas investigacións das gaitas de fol na provincia de Pontevedra, no marco Foro profesional de instrumentos musicais RESONANCIAS convocado pola Fundación Pública Artesanía de Galicia e o festival Música no Claustro o 6 de agosto de 2024, na Catedral de Tui. Trátase dunha aproximación aos diferentes tipos de gaitas de fol documentados na provincia de Pontevedra. Un patrimonio musical que non só sorprende pola súa diversidade, senón tamén pola súa antigüidade. Ao longo deste episodio, o músico, artesán e investigador Pablo Carpintero, acompañado na interpretación musical por Rosa Sánchez, amósanos a sonoridade destes instrumentos seculares e compartirán unha hipótese arredor da propia invención da gaita de fol.Este PODCAST está financiado pola Unión Europea a través dos fondos Next Generation do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia do Ministerio de Cultura, no marco das Axudas Públicas para a Promoción do Sector do Videoxogo, do Podcast e doutras Formas de Creación Dixital.
  • Madou Kouyaté e Fodé Lassana Diabaté: a construción do ngoni e o balafón, dous instrumentos tradicionais da cultura griot. 31.07.2025 21min
    O contido deste PODCAST ten a súa orixe na conversa cos músicos malienses Madou Kouyaté e Lassana Diabaté no Foro profesional de instrumentos musicais RESONANCIAS convocado pola Fundación Pública Artesanía de Galicia e o festival Música no Claustro o 6 de agosto de 2024, na Catedral de Tui. Con Madou Kouyaté e Lassana Diabaté, integrantes do Trio da Kali, xunto ao manager Saúl Presa, achegámonos ao valor social e ás características de construción do balafón e do ngoni, dous instrumentos tradicionais de culturas minoritarias. Madou Kouyaté e Lassana Diabaté proveñen de célebres familias griots e creceron na profunda tradición cultural que se remonta á era precolonial do gran imperio de Mali. Con esta bagaxe natural, o Trio da Kali busca o equilibrio entre a antiga tradición, que é transmitida de forma oral de xeración a xeración dende os séculos XII e XIII, coa introdución de novos elementos e cancións no seu repertorio e estilo.Este PODCAST está financiado pola Unión Europea a través dos fondos Next Generation do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia do Ministerio de Cultura, no marco das Axudas Públicas para a Promoción do Sector do Videoxogo, do Podcast e doutras Formas de Creación Dixital.
  • Montes de Couso (Gondomar), un modelo holístico na xestión do patrimonio natural e cultural. 16.10.2023 23min
    O foro profesional Resonancias sae de Tui para visitar os Montes de Couso, no municipio limítrofe de Gondomar. Xosé Antón Arauxo, presidente da comunidade de montes, defende o valor multifuncional de futuro na xestión deste patrimonio natural e cultural, dignificando o feito de vivir do monte dende un concepto colectivo deseñado a medio e longo prazo. Acompañado do enxeñeiro Francisco Pedras, técnico do Centro de Innovación e Servizos Tecnolóxicos da Madeira de Galicia (CIS-Madeira) da Axencia Galega da Industria Forestal (XERA), Xosé Antón Arauxo presenta o Bosque da Lingua, proxecto do que nace a idea futura de se sería posible crear un bosque dos instrumentos musicais. Este PODCAST está financiado pola Xunta de Galicia a través da Axencia Galega da Industria Forestal XERA, no seu obxectivo de incentivar o deseño de produtos derivados do sector forestal na procura de solucións estruturais verdes que contribúan co ambiente.
  • Taller práctico sobre a instalación do programa FORTRA da Xunta de Galicia 16.10.2023 21min
    FORTRA é unha aplicación que permite certificar a trazabilidade e a pegada de carbono do produto artesán no compromiso de emprego de madeiras locais e favorece o aumento do seu valor comercial. Os enxeñeiros informáticos Victoriano Maestre e Jesús Álvarez, da empresa Nunegal Consulting, presentan este programa impulsado pola Axencia Galega da Industria Forestal (XERA) da Xunta de Galicia. Este PODCAST está financiado pola Xunta de Galicia a través da Axencia Galega da Industria Forestal XERA, no seu obxectivo de incentivar o deseño de produtos derivados do sector forestal na procura de solucións estruturais verdes que contribúan co ambiente.
  • Proxecto para a valorización sustentable da madeira de masas de frondosas caducifolias de Galicia. 16.10.2023 20min
    Francisco Pedras, enxeñeiro técnico do Centro de Innovación e Servizos Tecnolóxicos da Madeira de Galicia (CIS-Madeira) presenta o Proxecto para a valorización sustentable da madeira de masas de frondosas caducifolias de Galicia. Este PODCAST está financiado pola Xunta de Galicia a través da Axencia Galega da Industria Forestal XERA, no seu obxectivo de incentivar o deseño de produtos derivados do sector forestal na procura de solucións estruturais verdes que contribúan co ambiente.
  • José Enrique López Ocampo: 400 anos fabricando sinos en Arcos da Condesa 28.08.2023 38min
    Despois de case 400 anos da súa fundación, José Enrique López Ocampo mantén vivo o obradoiro familiar de Campás Ocampo situado en Arcos da Condesa, no concello pontevedrés de Caldas de Reis. O foro profesional Resonancias visita este obradoiro do Rexistro Xeral de Artesanía de Galicia. Unha oportunidade para coñecer de primeira man o proceso de deseño, construción e fundición dunha campá seguindo as técnicas artesanais antigas.
  • Natalia Moreno e Regis Floury: Hylica, espazo de divulgación das técnicas antigas da artesanía 28.08.2023 39min
    O foro profesional RESONANCIAS visita Hylica, un espazo de divulgación das técnicas antigas da artesanía situado en Sabarís (Baiona) e que forma parte do Rexistro Xeral de Artesanía de Galicia. Hylica é un proxecto fundado pola artesá Natalia Moreno e o luthier Regis Floury, quenes comparten as súas inquedanzas na preservación dos coñecementos tecnolóxicos e antigas ténicas da artesanía co obxectivo de polas ao servizo dos museos, así como a súa divulgación a través dos programas anuais Menestralía.

Populārs valstī

Šis podkasts parādās arī šo valstu podkastu topos.