Exército Mekemeke
Sapo Vermello
0
Únete á parroquia máis grande de toda Internet! Un programa presentado por Carlos Vieito.
Epizódy
-
#151 | Consultorio mekemeke 17.06.2026 46minDámosvos a benvida ao consultorio máis fabuloso de Internet! Neste episodio, os mekemekes sentámonos a responder as preguntas, dúbidas, dilemas e ocorrencias que nos enviastes. Hai consellos útiles?Probablemente non. Hai respostas inesperadas, anécdotas e moitas risas? Diso vai sobrado.Grazas por enviarnos as vosas preguntas e por facer posible este consultorio tan peculiar. Se queredes participar nos próximos episodios, prestade atención ás nosas redes porque anunciaremos a pretempada para despois do verán.Preparade papel e lápis, porque os expertos en absolutamente nada xa están aquí para axudarvos.Descubre os mellores momentos de cada programa no noso Instagram, Twitter e TikTok.🔥 Forma parte dos mekemekes no noso Patreon.
-
#150 | As empanadas 10.06.2026 29minPOR FIN! Tanto falar e nunca fixéramos un programa sobre a raíña da nosa gastronomía: a empanada.Neste episodio mergullámonos no mundo das empanadas: de atún, de zorza, de millo, de bacallau con pasas... as de toda a vida. Falamos dos segredos para que o mollo quede no punto e, o máis importante: poñemos a proba aos nosos mekemekes cunha cata.Descubre os mellores momentos de cada programa no noso Instagram, Twitter e TikTok.🔥 Forma parte dos mekemekes no noso Patreon.
-
#149 | Os pilgrims 03.06.2026 32minNeste episodio falamos do Camiño de Santiago. Tanto das cousas chulas, como os bocadillos de tortilla míticos e a sensación de chegar a un albergue e que aínda queden literas libres. E das cousas non tan chulas, como os ronquidos alleos ás 3 da mañá, as ampolas en sitios impensables e a xentrificación das vilas. En resumo: facer o Camiño é unha chulada, mais tamén hai que falar de como están transformando a nosa economía para mal. E disto último lado falamos máis.Descubre se es máis de cuncha colgada ao peito ou de tirar a quen a leva pendurada da mochila.Descubre os mellores momentos de cada programa no noso Instagram, Twitter e TikTok.🔥 Forma parte dos mekemekes no noso Patreon.
-
#148 | Innovamos os ghalpóns. Especial Cans 27.05.2026 37minNeste programa especial no Festival de Cans preguntámonos: e se os galpóns xa non serven só para gardar o tractor?Exploramos ideas revolucionarias coa bailarina e actriz porriñesa, Janet Novás, para darlles unha segunda vida a estas edificacións completamente legais:🏡 Alugar galpóns para vivir: Porque quen necesita fiestras cando podes espertar cada día co aroma a silo e o cacarexo dunha pita libre? (Inclúe humidade de balde).🚜 Chimpíns como transporte público: Esquece o tren de alta velocidade. Imaxina ir ao Morrazo polo monte a velocidade de chimpín, sen atascos e cunhas canisas con astillas.Descubre os mellores momentos de cada programa no noso Instagram, Twitter e TikTok.🔥 Forma parte dos mekemekes no noso Patreon.
-
#147 | A tecnoloxía 20.05.2026 41minQUE PASAAADA, MEKEMEKES! Hoxe poñémonos a proba cun desafío tecnolóxixo: preguntas trampa, mitos tecnolóxicos e a nosa cara cando non sabiamos que era o PIN. Quen será o auténtico mekemeke tecnolóxico? Se che gusta a tecnoloxía e o humor: PARTICIPA! Deixa a túa puntuación nos comentarios e retade a outros mekemekes. Descubre os mellores momentos de cada programa no noso Instagram, Twitter e TikTok.🔥 Forma parte dos mekemekes no noso Patreon.
-
#146 | Loita de clases 13.05.2026 40minSe eras de clase B… este episodio é terapia!Viaxa cos mekemekes ao pasado para falar dunha das rivalidades máis antergas da nosa vida: os de A contra os de B. Os favoritos do profesorado, os “aplicados”, contra os que vivían un pouco máis ao límite.Pero a cousa non queda aí. Porque cando pensabas que madurabas… chega a universidade e reaparece o pique: carreiras que se cren superiores, guerras eternas entre facultades e ese clásico de “o meu é máis difícil ca o teu” que nunca pasa de moda.Descubre os mellores momentos de cada programa no noso Instagram, Twitter e TikTok.🔥 Forma parte dos mekemekes no noso Patreon.
-
#145 | A familia 06.05.2026 36minHai familias normais… e logo están as nosas. Eses tíos que aparecen só en vodas, as avoas que todo o saben, os curmáns que sempre teñen unha historia mellor ca túa e esas reunións familiares que comezan tranquilas… e acaban sendo material de terapia.Situacións coas que todos nos sentimos identificados, levándoas ao extremo con humor absurdo, retranca e moita mala leite.Se algunha vez pensaches “isto só pasa na miña familia”… xa verás como non.Descubre os mellores momentos de cada programa no noso Instagram, Twitter e TikTok.🔥 Forma parte dos mekemekes no noso Patreon.
-
#144 | Imos ao Centro de Saúde 29.04.2026 34minNeste episodio os mekemekes falan dun tema que nos toca a todos e todas: a salú. Desde arrefriados eternos, ata esas visitas ao centro de saúde que parecen unha aventura de obstáculos. Compartimos problemas de saúde reais, anécdotas vividas nas salas de espera e algunhas situacións tan absurdas que só che poden pasar cando máis o necesitas.⚠️ Advertencia: contén humor, algo de frustración sanitaria e moita, moita identificación con quen xa tivo que pedir hora con “non hai horas” ou escoitar o famoso “volve en 15 días se segues igual”.Descubre os mellores momentos de cada programa no noso Instagram, Twitter e TikTok.🔥 Forma parte dos mekemekes no noso Patreon.
-
#143 | Facer a mili 22.04.2026 33minOs mekemekes debaten acaloradamente os pros e contras do servizo militar obrigatorio mentres intentan sobrevivir a manobras caóticas. A mili realmente ensina disciplina, compañeirismo e a facer a cama en dez segundos, ou só serve para perder o móbil, comer fabes con grumos e aprender a durmir de pé. Entre roubos de chourizos da cantina, instrucións absurdas e un sarxento que acaba bailando bachata, descubren que o verdadeiro pro é ter historias que contar… e o contra, telas que vivir.Descubre os mellores momentos de cada programa no noso Instagram, Twitter e TikTok.🔥 Forma parte dos mekemekes no noso Patreon.
-
#142 | A felicidade 15.04.2026 33minNeste episodio falamos da felicidade… ou polo menos do intento constante de encontrala.Entre risas, contradicións e algunha verdade incómoda, preguntámonos se iso de ser feliz é real ou simplemente postureo ben editado. Pequenas cousas, grandes expectativas e ese caos que chamamos vida.Descubre os mellores momentos de cada programa no noso Instagram, Twitter e TikTok.🔥 Forma parte dos mekemekes no noso Patreon.
-
#141 | As crenzas 08.04.2026 32minNeste episodio os mekemekes admiten crenzas que non confesarían nin borrachos nunha primeira cita: desde xurar que as chaves se perden porque “todo está conectado… pero o universo ten malicia”, ata confesar que un de nós segue saudando aos picaportes “por se acaso” despois de que unha porta se pechase soa.Debatese a norma máis absurda para unha relixión propia (obrigatorio: comer queixo) e analízase a teoría máis ridícula sobre o universo: que a morte é como apagar o WiFi… e que ás veces, se te moves moi amodo, reconectas. Finalmente, repasamos rituais vergoñentos feitos “por se acaso funcionaba”, como dar cabezazos aos compas de curro.Descubre os mellores momentos de cada programa no noso Instagram, Twitter e TikTok.🔥 Forma parte dos mekemekes no noso Patreon.
-
#140 | Pelis para adultos (+18) 01.04.2026 31minAcceder ás míticas pelis para adultos nos anos 90 e 2000 para matar a curiosidade. Intentar pillar os "programas especiais" do Canal+ a escondidas ou buscar no Internet usando módems lentos, onde era máis fácil baixar un virus que unha película. Os mekemekes comenta como hoxe todo é moito máis accesible grazas a Internet, perdendo ese aire de prohibido e misterioso. Descubre os mellores momentos de cada programa no noso Instagram, Twitter e TikTok.🔥 Forma parte dos mekemekes no noso Patreon.
-
#139 | Festas populares 25.03.2026 33minA loita por atopar mesa na carpa, o ritual do licorcafé ás tantas, a orquestra que toca o mesmo pasodobre tres veces na mesma noite, o momento da "putivolta" que acaba en despedida ata de madrugada, e a inevitable resaca ao día seguinte.Todo isto sazonado con diálogos onde se debaten cuestións esenciais como "é mellor a orquestra Olympus ou a París de Noia?" e cunha reflexión final sobre por que, malia todo, nunca fallamos a unha destas festas.Descubre os mellores momentos de cada programa no noso Instagram, Twitter e TikTok.🔥 Forma parte dos mekemekes no noso Patreon.
-
#138 | Xubiprofeno 18.03.2026 32minColles gripe e, de repente, parece que estás nunha película dramática. Desde o primeiro esbirro ata a peregrinaxe ao centro de saúde, coa sala de espera chea de vellos e xente que parece estar peor ca ti.Ese momento no que decides preguntar a unha IA que tes… e en cinco minutos pasas de “un pouco de febre” a pensar que che quedan dúas semanas de vida. Descubre os mellores momentos de cada programa no noso Instagram, Twitter e TikTok.🔥 Forma parte dos mekemekes no noso Patreon.
-
#137 | Bichería doméstica 15.03.2026 37minNeste episodio falamos da vida da bichería doméstica: cans que montan un escándalo cada vez que soa o timbre, gatos que actúan como auténticos donos da casa e peixes que parecen que poden vivir fóra da auga.Os mekemekes comparten anécdotas divertidas e situacións nas que queda claro que, aínda que pensamos que somos os donos… en realidade as mascotas son as que mandan.Descubre os mellores momentos de cada programa no noso Instagram, Twitter e TikTok.🔥 Forma parte dos mekemekes no noso Patreon.
-
#136 | Cousas do paranormal 04.03.2026 31minNo episodio de hoxe metémonos de cheo no misterioso mundo do paranormal… Falamos de pantasmas que aparecen xusto cando hai pouca luz, da Santa Compaña facendo máis quilómetros de noite ca moitos runners, de posibles aliens que, curiosamente, sempre escollen aparecer en aldeas tranquilas e nunca no medio dun Carrefour, e das míticas cacofonías nas que sempre hai alguén que escoita unha mensaxe clarísima do máis alá… mentres o resto só oímos “pssssshhhhh”.Descubre os mellores momentos de cada programa no noso Instagram, Twitter e TikTok.🔥 Forma parte dos mekemekes no noso Patreon.
-
#135 | O caso Therian 25.02.2026 36minNeste episodio poñémonos o gorro de papel de aluminio para falar da moda dos therian, do regreso triunfal dos aliens e doutras tendencias rarísimas que enchen titulares e feeds.Entre memes, teorías disparatadas e análise cultural, reflexionamos sobre como certas obsesións virais poden servir para desprazar a atención pública de asuntos moito máis incómodos, como os coñecidos casos Epstein. Descubre os mellores momentos de cada programa no noso Instagram, Twitter e TikTok.🔥 Forma parte dos mekemekes no noso Patreon.
-
#134 | Europa 18.02.2026 31minUn episodio festivo e un pouco delirante no que o sentimento europeísta se defende con paixón… Entre himnos que non coñecemos ben, debates surrealistas sobre por que Groenlandia non se vende nin se troca (por moito que a Trump lle faga tilín) e a diplomacia internacional explicada a través de Eurovisión, este programa dos mekemekes mestura xeopolítica, purpurina e orgullo europeo. Descubre os mellores momentos de cada programa no noso Instagram, Twitter e TikTok.🔥 Forma parte dos mekemekes no noso Patreon.
-
#133 | Facer o delicioso (+18) 11.02.2026 34minNeste novo episodio poñémonos serios… é dicir, todo o serios que se pode estar falando de “facer o delicioso”. Porque si, todo o mundo sabe máis ou menos como vai a cousa, pero logo chega a realidade: medias que non saen, risas inesperadas, momentos épicos e outros nos que pensas “isto non estaba no tutorial”. Falamos sen filtros deses encontros cheos de paixón, nervios, expectativas altísimas e coordinación discutible, porque se algo ten o sexo é que, ademais de pracer, dá material infinito para anécdotas.Entre confesións propias e alleas, reflexionamos sobre o arte de comunicar o que nos gusta sen parecer que estamos pasando unha avaliación continua, sobre o consentimento como o verdadeiro afrodisíaco e sobre esa marabillosa capacidade humana de rir no momento máis intenso. Un episodio para escoitar coa mente aberta e se cadra, tomando notas mentais. Descubre os mellores momentos de cada programa no noso Instagram, Twitter e TikTok.🔥 Forma parte dos mekemekes no noso Patreon.
-
#132 | A televisión 05.02.2026 32minDicíamos que a televisión estaba morta… pero aquí seguimos, comentando realities, series e debates coma se nos fora a vida niso. Neste episodio os mekemekes abren o melón da tele: a boa, a mala e a que vemos con culpa. Mando na man, espírito crítico dubidoso e moitas risas aseguradas.Descubre os mellores momentos de cada programa no noso Instagram, Twitter e TikTok.🔥 Forma parte dos mekemekes no noso Patreon.
Obľúbený v
Tento podcast sa objavuje aj v rebríčkoch podcastov týchto krajín.