Fóra de Mapa
Fóra de Mapa
0
Fóra de Mapa é un podcast que se centra en dar a coñecer as minorías menos visibles que existen en Europa. A través das súas emisións, busca visibilizar grupos e comunidades que adoitan pasar desapercibidos no continente. O programa ofrece unha perspectiva única sobre a diversidade cultural e social europea.
ตอน
-
#Petisco lixeiro. O picnic paneuropeo 15.09.2026 9นาทีNo verán de 1989 xa se albiscaba o cambio político no bloque oriental, pero o telón de aceiro seguía a dividir ós cidadáns do continente. Neste contexto uns opositores húngaros e o herdeiro da casa Habsburgo tiveron unha idea, unha romeria onda a fronteira que xuntase a austriacos e húngaros. O picnic paneuropeo comezou como unha festa de confraternización con música, cervexa, churrasco e goulash e acabou sendo a fenda máis grande do Telón de Aceiro até ese momento. Uns meses despois, o Telón era historia. Aquel día non caeu ningún muro nin se asinou ningún tratado. Simplemente houbo unha festa, unha fronteira aberta durante unhas horas, uns guardas que deixaron facer e moitos alemáns do leste que decidiron aproveitar a ocasión. -
#Petisco lixeiro. A dinastía real albanesa 08.09.2026 18นาทีA dinastía real albanesa parece saída dunha novela de humor: un rei autonomeado, décadas de exilio, golpes de Estado fallidos, intentos de restauración e, polo medio, un monarca que fumaba ata 200 cigarros ao día e sobreviviu a ducias de atentados. No centro de todo está Zog I, o peculiar ditador que en 1928 decidiu converterse en rei dos albaneses e gobernou un país pobre mentres tentaba rodearse do luxo e protocolo das grandes casas reais europeas. Coa invasión italiana de 1939 comezou o longo exilio do rei Zog e a súa familia, que levou o seu fillo Leka por media Europa e África. Xa na Albania poscomunista, Leka I tentou recuperar o trono e o seu fillo Leka II mantivo a tradición familiar de protagonizar situacións cando menos peculiares. -
#Petisco lixeiro. O sistema político belga 27.08.2026 15นาทีBélxica é un dos países politicamente máis complexos de Europa: tres linguas oficiais, tres comunidades lingüísticas, tres rexións e unha chea de institucións e niveis de goberno. No episodio explicamos como se construíu este sistema federal e por que as tensións entre Flandres, Valonia e Bruxelas marcaron a historia recente do país. Falamos tamén da peculiar relación dos belgas co seu propio Estado, nun sistema no que os partidos están divididos por linguas e formar goberno pode converterse nun auténtico quebracabezas. -
#Petisco lixeiro. Gagauzia 13.08.2026 19นาทีGagauzia é unha das pequenas anomalías de Europa: unha autonomía no sur de Moldavia habitada maioritariamente polos gagauzos, un pobo de orixe aínda discutida, cristián ortodoxo e falante dunha lingua túrquica emparentada co turco. Entre exclaves, viñedos, ovellas e unha historia marcada polo Imperio Ruso, a URSS e o colapso soviético, este recuncho do continente agocha unha historia moito máis complexa do que podería parecer. No episodio viaxamos a Gagauzia para coñecer a súa historia, a súa peculiar autonomía e as tensións que mantén con Chisinau. Falamos tamén do forte vínculo da rexión con Rusia, da súa oposición ao rumbo europeo de Moldavia e, sobre todo, dunha lingua que vai camiño de ser substituída polo ruso nun par de xeracións. -
#50. Illas Canarias. Un arquipélago cunha forte identidade de seu alén das postais turísticas 31.07.2026 1ชม. 30นาทีAlén de praias, sol e plátanos, as Illas Canarias son un arquipélago cunha historia e unha identidade propias, marcadas pola súa posición entre no Atlántico, a máis de 100km da costa africana. Neste episodio conversamos con Iván Vega, activista cultural da Fundación Tamaimos, sobre a cultura canaria, a herdanza guanche, e os debates arredor da identidade canaria, o colonialismo exercido sobre o arquipélago e o nacionalismo canario, desmontando moitos dos tópicos cos que adoita verse as illas. Percorremos tamén a historia das illas desde a chegada das primeiras poboacións amazighs ata a actualidade, deténdonos especialmente na conquista castelá do século XV e na posterior explotación colonial do arquipélago, baseada nos monocultivos de exportación e na súa importancia estratéxica para a expansión atlántica. Un percorrido para comprender como a xeografía, a historia e as relacións de poder contribuíron a moldear a realidade das Illas Canarias e a identidade do seu pobo. -
#Petisco lixeiro. As illas Selvagens - Episodio exclusivo para mecenas 16.07.2026 11นาทีAgradece a este podcast tantas horas de entretenimiento y disfruta de episodios exclusivos como éste. ¡Apóyale en iVoox! As Illas Selvagens son un arquipélago diminuto, deshabitado e perdido no Atlántico entre Madeira e Tenerife que, malia o seu tamaño, leva séculos en desputa entre España e Portugal. Nelas non hai poboación permanente, case non hai infraestrutura, pero a súa consideración como illas pode determinar quen controla centos de miles de quilómetros cadrados de océano Atlántico e máis os seus recursos.Escucha este episodio completo y accede a todo el contenido exclusivo de Fóra de Mapa. Descubre antes que nadie los nuevos episodios, y participa en la comunidad exclusiva de oyentes en https://go.ivoox.com/sq/1160924 -
De leria con... Christoph Schreinmoser, director do IGADI 13.06.2026 29นาทีO noso terceiro convidado é Christoph Schreinmoser, doutor en Dereito Internacional Público e director do Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional. Con el reflexionamos sobre o papel de Galicia no escenario internacional, as posibilidades da súa acción exterior e os mecanismos para construír unha voz propia no mundo, cunha mirada bávara e tamén moi galega. Músicas: Happy to see you again - MooveKa Balkan noodles - Jonathan Hadas -
#49. Malta e a lingua maltesa. Unha historia de “triglosia” e autodeterminación 22.05.2026 46นาทีO maltés é hoxe a lingua nacional e oficial de Malta. Un idioma semítico con arredor de medio millón de falantes que ten que competir coa outra lingua oficial do país, o inglés. Por Malta pasaron unha chea de pobos, desde os romanos, pasando polos árabes até os británicos, que deixaron a súa pegada na identidade e lingua propia da illa. Durante séculos o maltés foi o idioma do pobo, mentres que as elites falaban italiano. Esta situación comezou a mudar cando Malta se converte nunha colonia do Imperio Británico, comeza un conflito lingüístico entre italiano e inglés, co que finalmente, nos anos 30 o maltés acabou por obter recoñecemento. Con todo, o pobo maltés tivo que loitar algunhas décadas máis pra lograr a independencia do Reino Unido. Hoxe o maltés está normalizado, é mesmo un idioma oficial da Unión Europea e pola contra sufre unha situación de diglosia que a moitos galegos nos pode parecer bastante familiar. Músicas: Russian Dance - Joey Pecoraro Balkan - Crowander Sos de su '39 - Coro Canarjos Il-Lament ta´ Filfla - Ghana Duo L-Innu Malti - Robert Samut The Travellers - Sbejha -
#Petisco lixeiro. A Soberana Orde Militar de Malta - Episodio exclusivo para mecenas 28.04.2026 11นาทีAgradece a este podcast tantas horas de entretenimiento y disfruta de episodios exclusivos como éste. ¡Apóyale en iVoox! A Soberana Orde Militar de Malta é a herdeira dos antigos cabaleiros hospitalarios das Cruzadas, que chegaron a gobernar Rodas, e logo Malta até que Napoleón ocupou a illa en 1798. Desde entón, a orde instalouse en Roma e mantén unha situación moi peculiar: ten sede propia, constitución, bandeira, himno, pasaportes e relacións diplomáticas con máis de 100 países, ademais de status de observadora na ONU. Porén, non é un estado completo, o seu territorio son dous palacios en Roma e a organización depende en boa medida da autoridade do Papa. Hoxe a súa función principal xa non é militar, senón humanitaria: xestiona hospitais, proxectos sociais e axuda internacional a través de miles de voluntarios. É unha anacronía do medievo convertida en organización solidaria moderna.Escucha este episodio completo y accede a todo el contenido exclusivo de Fóra de Mapa. Descubre antes que nadie los nuevos episodios, y participa en la comunidad exclusiva de oyentes en https://go.ivoox.com/sq/1160924 -
De leria con... a viaxanta Cris Terceiro 24.04.2026 37นาทีA nosa segunda convidada é Cristina Terceiro, xornalista e comunicadora de profesión, podcasteira (escoitai o seu fantástico podcast Viaxantas!) e boa coñecedora da diáspora galega, tanto en Bélxica como en Arxentina. Conversamos con ela sobre a vida en Bruxelas, as institucións europeas onde traballa, o activismo cultural na diáspora e máis a vitalidade e os preconceitos que temos da emigración galega en Arxentina. Músicas: Happy to see you again - MooveKa Balkan noodles - Jonathan Hadas -
#Petisco lixeiro. Os gorales - Episodio exclusivo para mecenas 30.03.2026 14นาทีAgradece a este podcast tantas horas de entretenimiento y disfruta de episodios exclusivos como éste. ¡Apóyale en iVoox! Os gorales son unha etnia que habita os Tatras, a serra dos Cárpatos que separa a Polonia de Eslovaquia. Hoxe son arredor duns 100.000 entrambos lados da fronteira. A súa forma de vida sempre estivo moi ligada á paisaxe e ás montañas nas que habitan, e ó viviren de maneira isolada, e nunha rexión de fronteira desenvolveron unha identidade e cultura diferenciadas da eslovaca e polaca. Durante os séculos XIX e parte do XX os gorales representaron pra moitos intelectuais románticos e nacionalistas polacos a idea do salvaxe libre, o perfecto polaco que mantiña a identidade da patria oprimida nos seus vales e montañas, onde vivía fóra da órbita de Viena, Moscova ou Berlín, nun período no que o estado polaco non existía. Coa chegada do desenvolvemento económico e a modernidade á rexión dos gorales estes souberon explotar ben tanto a beleza das súas montañas como esa fama de montañeses feros e auténticos que tan ben casaba cos estereotipos desenvolvidos polos intelectuais nacionalistas durante décadas. Hoxe os gorales aínda se senten orgullosos desta identidade diferenciada, mesmo se ás veces esta teña máis de performance pra turistas que outra cousa. Escucha este episodio completo y accede a todo el contenido exclusivo de Fóra de Mapa. Descubre antes que nadie los nuevos episodios, y participa en la comunidad exclusiva de oyentes en https://go.ivoox.com/sq/1160924 -
#48. O wymysorys. Como a rapaciada motivada pode dinamizar unha microlingua 27.03.2026 39นาทีO wymysorys é a lingua xermana máis pequena e máis ameazada de desaparición do mundo. Falada soamente no municipio da Silesia polaca de Wilamowice (ou en wymysorys Wymysoü) por algunhas ducias de persoas. Hai 30 anos veciños e sociolingüistas predicían a súa desaparición ó morreren @s derradeir@s falantes. O uso da lingua foi prohibido polas autoridades da Rep. Socialista de Polonia e iso creou un trauma na poboación local de Wilamowice. Porén, nos anos 90s naceron na vila mociñ@s que decidiron revitalizar a lingua dos seus avós e bisavós. Hoxe hai unha comunidade de 100 falantes (entre neo e paleofalantes), faltan profesores pra ensinar a lingua, créanse tik toks, música ou teatro nesta lingua, e Wilamowice converteuse nun exemplo estudado por sociolingüistas de todo o mundo. -
De leria con.. Mario Brión @olaxonmario 16.03.2026 32นาทีComezamos unha nova sección coa que queremos alargar o podcast, publicando entrevistas con persoas que por unha razón ou outra fan cousas interesantes e de certa maneira relacionadas coa temática do Fóra de mapa. O primeiro convidado é Mario Brión, @olaxonmario nas redes, influencer das traiñeiras, Mestre Mateo award nominated, probablemente o noso maior fans, e que habitualmente publica contidos sobre identidades periféricas, literal e metaforicamente, conflitos lingüísticos e diversidade cultural con moita retranca pero tamén con rigurosidade. Músicas: Happy to see you again - MooveKa Balkan noodles - Jonathan Hadas -
#Petisco lixeiro. O idioma tabarkino - Episodio exclusivo para mecenas 26.02.2026 9นาทีAgradece a este podcast tantas horas de entretenimiento y disfruta de episodios exclusivos como éste. ¡Apóyale en iVoox! Sardeña é un territorio cunha diversidade lingüística enorme, nel fálanse cinco idiomas diferentes, unha oficial, o italiano, 2 outras recoñecidas e protexidas pola lei nacional, o sardo e máis o catalán en L´Alguer, e 3 máis recoñecidas e protexidas pola lei rexional, o sassarese e o gallurese (estas 2 últimas son formas do corso) e máis o o tabarkino. Este último idioma, falado en 2 pequenas illas no sudoeste de Sardeña, é unha forma da lingua ligur que hoxe aínda mantén unha importante vitalidade, en boa medida porque é o idioma dunha comunidade cunha historia única, os descendentes dos colonos de Tabarca, unha illa na costa tunecina no que durante máis de 200 anos viviron e prosperaron numerosas familias xenovesas. Co tempo, logo de conflitos, periplos e mesmo escravitude os antigos colonos de Tabarca asentáronse no arquipelago de Sulcis, en Sardeña e hoxe os seus descendentes aínda se sinten moi orgullosos desta identidade expresada en tabarkino, e dos seus vedanceiros que viviron unha aventura por medio Mediterráneo. Escucha este episodio completo y accede a todo el contenido exclusivo de Fóra de Mapa. Descubre antes que nadie los nuevos episodios, y participa en la comunidad exclusiva de oyentes en https://go.ivoox.com/sq/1160924 -
#47. Os sardos. Seica poucos, tolos e mal unidos 23.02.2026 51นาทีSardeña é unha gran descoñecida a pesar de que cada verán millóns de turistas visitan a súa fermosa costa. Porén, a illa conta cunha cultura propia riquísima, unha diversidade lingüística enorme e un abundante patrimonio histórico. 5 linguas se falan en Sardeña, sardo, gallurese, sassarese, catalán, tabarchino e italiano, e esta diversidade, a pesar de estar ameazada por unha forte diglosia aínda é ben visible nas rúas e carreiros de cidades, vilas e aldeas do país. A condición de insularidade de Sardeña favoreceu esta diversidade e tamén que agromase unha cultura popular única, con raíces ben antigas. Mais tamén, está condición de insularidade propiciou a explotación colonial por parte de diferentes estados que explotaron os recursos da illa sen deixar gran beneficio pra poboación local. Esta situación de colonia interna aínda ten efectos en Sardeña hoxe tanto a nivel político, como económico e cultural. Músicas: Turkish Lady Face - The Underscore Orkestra Russian Dance - Joey Pecoraro Balkan - Crowander Sos de su '39 - Coro Canarjos Su patriotu sardu a sos feudatarios - Coro di Nuoro Justinianus - The Purple Throne Sonetto di Remundu Piras - Tenore Supramonte Orgosolo Daniela Pes - Ca milla dia dì -
Episodio especial. Diáspora e fútbol 26.01.2026 38นาทีO fútbol é un espazo moi relevante pras diásporas, ademais de ocio tamén é pra moitos seguidores parte importante da súa identidade colectiva e individual Esta dimensión social fixo que ó longo da historia do deporte houbese moitos equipos que representaron e representan a colectivos de refuxiados e tamén de emigrados, equipos cos que estes grupos tentan aínda hoxe, manter a súa vinculación coa patria distante ou perdida. Músicas: ΠΑΟΚ ke kseró psomí! - Státhi Nikolaïdi O Son das túas Ondas - Diplomáticos de Monte Alto -
#Petisco lixeiro. A guerra civil albanesa - Episodio exclusivo para mecenas 19.01.2026 17นาทีAgradece a este podcast tantas horas de entretenimiento y disfruta de episodios exclusivos como éste. ¡Apóyale en iVoox! En Albania, nos 90, a transición do comunismo á economía de mercado e democracia liberal (bastante imperfectas) estivo chea de problemas: inestabilidade política, unha privatización caótica, emigración masiva, inflación, crime organizado gañando moito poder e no 1997 unha guerra civil. Nos 90s comezaron a xurdir empresas financeiras que funcionaban como auténticas estafas piramidais e nas que gran parte da poboación albanesa depositou os seus magriños aforros. Ó colapsar todo este sistema a comezos de 1997 os albaneses tentaron tomar a xustiza pola man e rebeláronse contra o goberno que se viu incapaz de manter a paz e orde no país. Comezaban meses de auténtica anarquía que acabaron por provocar unha intervención internacional e tiveron consecuencias políticas tanto en Albania como en estados veciños. Músicas: Turkish Lady Face - The Underscore Orkestra Russian Dance - Joey Pecoraro Escucha este episodio completo y accede a todo el contenido exclusivo de Fóra de Mapa. Descubre antes que nadie los nuevos episodios, y participa en la comunidad exclusiva de oyentes en https://go.ivoox.com/sq/1160924 -
#46. Os Bektashis. A relixión "nacional" do pobo albanés 12.01.2026 57นาทีAlbania é sinónimo de convivencia e harmonía relixiosa. Os albaneses non teñen unha relixión común, a maioría son musulmáns sunnitas, porén hai unha importante porcentaxe de católicos e ortodoxos, por iso se di que a auténtica relixión do pobo albanés é o nacionalismo albanés, que se fundamenta na cultura e lingua de seu deste pobo balcánico. Con todo, existe unha outra minoría relixiosa, recoñecida como relixión de seu polo estado albanés que tivo unha relevancia moi importante no xurdimento do nacionalismo albanés, e que tentou configurarse como a relixión propia da nación: o bektashismo. Esta orde sufí, mística e con certos elementos propios do xiísmo, presente en boa parte dos Balkáns e en Turquía ten hoxe a súa sede mundial en Tirana, e pretende representar unha visión heterodoxa, flexible e tolerante do Islam. Músicas: Ylli Baka - Baba Tomorri Thunder Way: The order executors Russian Dance - Joey Pecoraro Avni Mula, Ibrahim Hasnaj - Udha Bektashiane Balkan - Crowander Turkish Lady Face - The Underscore Orkestra -
#Petisco lixeiro. A lingua galó, o idioma romance propio da Bretaña - Episodio exclusivo para mecenas 18.12.2025 13นาทีAgradece a este podcast tantas horas de entretenimiento y disfruta de episodios exclusivos como éste. ¡Apóyale en iVoox! En Bretaña fálanse 3 linguas, o francés, o bretón e máis o galó, un idioma romance, do grupo das linguas de oïl, e propio da Alta Bretaña que non é oficial e está bastante minorizado. Durante moitos séculos o galó foi visto mesmo polos seus falantes como un simple francés chapurreado. A cambiar esta situación non axudou nin a proximidade do galó á lingua francesa, nin a reputación do bretón como idioma propio do pobo bretón, cunha literatura e activismo desde hai séculos, nin tampouco as políticas centralistas e glotófobas do estado francés. Mais con todo, o galó é tamén un idioma de Bretaña, e un crecente activismo lingüístico está a tentar cambiar as perspectivas dos bretóns e dos propios falantes de galó sobre o outro idioma propio da Bretaña. Músicas: Turkish Lady Face - The Underscore Orkestra Bèrtran Ôbrée - Pu lein Russian Dance - Joey Pecoraro Escucha este episodio completo y accede a todo el contenido exclusivo de Fóra de Mapa. Descubre antes que nadie los nuevos episodios, y participa en la comunidad exclusiva de oyentes en https://go.ivoox.com/sq/1160924 -
#45. Bretaña. Moito máis que a nación celta do continente 17.12.2025 1ชม. 24นาทีA Bretaña é un país cunha identidade de seu ben forte, a pesar de ter perdido boa parte da súa diversidade lingüística nas últimas décadas. Os bretóns teñen un importante apego á súa terra e logo de séculos de case que completa autonomía de Francia, seguen a reclamar hoxe un maior autogoberno e rexeitan o centralismo de París Isto non se manifesta tanto no uso das linguas do país, o galó, o idioma do romance da Alta Bretaña, e máis o bretón, a lingua céltica falada na parte occidental da península, e que hoxe está nunha situación desfavorable. Con todo existen ducias de iniciativas pra reforzala e un crecente afecto pola sociedade bretoa. Musicas: Tri Martolod (Tradicional) - Alan Stivell Bro gozh ma zadoù - Cantada por Alan Stivell, Gilles Servat, Tri Yann, Louis Capart, Soldat Louis, Renaud Detressan, Gwennyn, Clarisse Lavanant, Rozenn Talec & Cécile Corbel Kantik Sant Erwan (Tradicional) - Anne Auffret Diwanit bugale - Dan Ar Braz & l'Héritage des Celtes Turkish Lady Face - The Underscore Orkestra Russian Dance - Joey Pecoraro Balkan - Crowander
ยอดนิยมใน
พอดแคสต์นี้ปรากฏในชาร์ตพอดแคสต์ของประเทศเหล่านี้ด้วย