Fóra de Mapa
Fóra de Mapa
0
Fóra de Mapa é un podcast que se centra en dar a coñecer as minorías menos visibles que existen en Europa. A través das súas emisións, busca visibilizar grupos e comunidades que adoitan pasar desapercibidos no continente. O programa ofrece unha perspectiva única sobre a diversidade cultural e social europea.
Episodes
-
#Petisco lixeiro. A operación Vístula - Episodio exclusivo para mecenas 08.11.2026 12mAgradece a este podcast tantas horas de entretenimiento y disfruta de episodios exclusivos como éste. ¡Apóyale en iVoox! Que teñen en común as montañas dos Cárpatos, a Guerra Fría e máis de 140.000 persoas obrigadas a abandonar os seus fogares? En abril de 1947, as autoridades comunistas polacas puxeron en marcha a operación Vístula, unha operación de deportación masiva que expulsou da súa terra a milleiros de ucraínos e lemkos, unha comunidade eslava cunha lingua, unha cultura e unha identidade propias e moi ligada ós vales e montañas dos Cárpatos. Coa escusa de combater a guerrilla nacionali... -
#51. A outra Galicia. Entre identidades diversas e dramas compartidos 02.11.2026 49mEn Europa hai dúas Galicias, a nosa e a polaco-ucraína, unha rexión histórica pertencente ó imperio dos Habsburgo marcada pola diversidade cultural, lingüística e relixiosa. Un territorio de identidades cruzadas, convivencias, estabilidade e emerxentes nacionalismos que rematou cunha gran catástrofe marcada por guerras, desprazamentos e dramas humanos que deixaron unha fonda pegada na súa historia. Hoxe, tanto entre a poboación local, como pra importante poboación xudía con orixe nesta Galicia vese o período no que este país estivo baixo o poder de Viena como un tempo de estabilidade, crecente... -
De leria con... Paula Jorge 30.09.2026 28mA nosa cuarta convidada é Paula Jorge, caboverdiana de Burela. Con ela descrubrimos a realidade da diáspora de Cabo Verde e a súa integración na vila da Mariña, como se manteñen vivas as raíces desta comunidade e como xurden novas identidades que misturan elementos galegos e africanos. E tamén como ás veces non queda outra que explicar con retranca nas redes sociais que o galego é lingua de branc@s, negr@s, marr@ns e amarel@s. Músicas: Happy to see you again - MooveKa Balkan noodles - Jonathan Hadas -
#Petisco lixeiro. O picnic paneuropeo 15.09.2026 9mNo verán de 1989 xa se albiscaba o cambio político no bloque oriental, pero o telón de aceiro seguía a dividir ós cidadáns do continente. Neste contexto uns opositores húngaros e o herdeiro da casa Habsburgo tiveron unha idea, unha romeria onda a fronteira que xuntase a austriacos e húngaros. O picnic paneuropeo comezou como unha festa de confraternización con música, cervexa, churrasco e goulash e acabou sendo a fenda máis grande do Telón de Aceiro até ese momento. Uns meses despois, o Telón era historia. Aquel día non caeu ningún muro nin se asinou ningún tratado. Simplemente houbo unha fest... -
#Petisco lixeiro. A dinastía real albanesa 08.09.2026 18mA dinastía real albanesa parece saída dunha novela de humor: un rei autonomeado, décadas de exilio, golpes de Estado fallidos, intentos de restauración e, polo medio, un monarca que fumaba ata 200 cigarros ao día e sobreviviu a ducias de atentados. No centro de todo está Zog I, o peculiar ditador que en 1928 decidiu converterse en rei dos albaneses e gobernou un país pobre mentres tentaba rodearse do luxo e protocolo das grandes casas reais europeas. Coa invasión italiana de 1939 comezou o longo exilio do rei Zog e a súa familia, que levou o seu fillo Leka por media Europa e África. Xa na Alba... -
#Petisco lixeiro. O sistema político belga 27.08.2026 15mBélxica é un dos países politicamente máis complexos de Europa: tres linguas oficiais, tres comunidades lingüísticas, tres rexións e unha chea de institucións e niveis de goberno. No episodio explicamos como se construíu este sistema federal e por que as tensións entre Flandres, Valonia e Bruxelas marcaron a historia recente do país. Falamos tamén da peculiar relación dos belgas co seu propio Estado, nun sistema no que os partidos están divididos por linguas e formar goberno pode converterse nun auténtico quebracabezas. -
#Petisco lixeiro. Gagauzia 13.08.2026 19mGagauzia é unha das pequenas anomalías de Europa: unha autonomía no sur de Moldavia habitada maioritariamente polos gagauzos, un pobo de orixe aínda discutida, cristián ortodoxo e falante dunha lingua túrquica emparentada co turco. Entre exclaves, viñedos, ovellas e unha historia marcada polo Imperio Ruso, a URSS e o colapso soviético, este recuncho do continente agocha unha historia moito máis complexa do que podería parecer. No episodio viaxamos a Gagauzia para coñecer a súa historia, a súa peculiar autonomía e as tensións que mantén con Chisinau. Falamos tamén do forte vínculo da rexión con... -
#50. Illas Canarias. Un arquipélago cunha forte identidade de seu alén das postais turísticas 31.07.2026 1h 30mAlén de praias, sol e plátanos, as Illas Canarias son un arquipélago cunha historia e unha identidade propias, marcadas pola súa posición entre no Atlántico, a máis de 100km da costa africana. Neste episodio conversamos con Iván Vega, activista cultural da Fundación Tamaimos, sobre a cultura canaria, a herdanza guanche, e os debates arredor da identidade canaria, o colonialismo exercido sobre o arquipélago e o nacionalismo canario, desmontando moitos dos tópicos cos que adoita verse as illas. Percorremos tamén a historia das illas desde a chegada das primeiras poboacións amazighs ata a actuali... -
#Petisco lixeiro. As illas Selvagens - Episodio exclusivo para mecenas 16.07.2026 11mAgradece a este podcast tantas horas de entretenimiento y disfruta de episodios exclusivos como éste. ¡Apóyale en iVoox! As Illas Selvagens son un arquipélago diminuto, deshabitado e perdido no Atlántico entre Madeira e Tenerife que, malia o seu tamaño, leva séculos en desputa entre España e Portugal. Nelas non hai poboación permanente, case non hai infraestrutura, pero a súa consideración como illas pode determinar quen controla centos de miles de quilómetros cadrados de océano Atlántico e máis os seus recursos.Escucha este episodio completo y accede a todo el contenido exclusivo de Fóra de M... -
De leria con... Christoph Schreinmoser, director do IGADI 13.06.2026 29mO noso terceiro convidado é Christoph Schreinmoser, doutor en Dereito Internacional Público e director do Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional. Con el reflexionamos sobre o papel de Galicia no escenario internacional, as posibilidades da súa acción exterior e os mecanismos para construír unha voz propia no mundo, cunha mirada bávara e tamén moi galega. Músicas: Happy to see you again - MooveKa Balkan noodles - Jonathan Hadas -
#49. Malta e a lingua maltesa. Unha historia de “triglosia” e autodeterminación 22.05.2026 46mO maltés é hoxe a lingua nacional e oficial de Malta. Un idioma semítico con arredor de medio millón de falantes que ten que competir coa outra lingua oficial do país, o inglés. Por Malta pasaron unha chea de pobos, desde os romanos, pasando polos árabes até os británicos, que deixaron a súa pegada na identidade e lingua propia da illa. Durante séculos o maltés foi o idioma do pobo, mentres que as elites falaban italiano. Esta situación comezou a mudar cando Malta se converte nunha colonia do Imperio Británico, comeza un conflito lingüístico entre italiano e inglés, co que finalmente, nos anos... -
#Petisco lixeiro. A Soberana Orde Militar de Malta - Episodio exclusivo para mecenas 28.04.2026 11mAgradece a este podcast tantas horas de entretenimiento y disfruta de episodios exclusivos como éste. ¡Apóyale en iVoox! A Soberana Orde Militar de Malta é a herdeira dos antigos cabaleiros hospitalarios das Cruzadas, que chegaron a gobernar Rodas, e logo Malta até que Napoleón ocupou a illa en 1798. Desde entón, a orde instalouse en Roma e mantén unha situación moi peculiar: ten sede propia, constitución, bandeira, himno, pasaportes e relacións diplomáticas con máis de 100 países, ademais de status de observadora na ONU. Porén, non é un estado completo, o seu territorio son dous palacios en R... -
De leria con... a viaxanta Cris Terceiro 24.04.2026 37mA nosa segunda convidada é Cristina Terceiro, xornalista e comunicadora de profesión, podcasteira (escoitai o seu fantástico podcast Viaxantas!) e boa coñecedora da diáspora galega, tanto en Bélxica como en Arxentina. Conversamos con ela sobre a vida en Bruxelas, as institucións europeas onde traballa, o activismo cultural na diáspora e máis a vitalidade e os preconceitos que temos da emigración galega en Arxentina. Músicas: Happy to see you again - MooveKa Balkan noodles - Jonathan Hadas -
#Petisco lixeiro. Os gorales - Episodio exclusivo para mecenas 30.03.2026 14mAgradece a este podcast tantas horas de entretenimiento y disfruta de episodios exclusivos como éste. ¡Apóyale en iVoox! Os gorales son unha etnia que habita os Tatras, a serra dos Cárpatos que separa a Polonia de Eslovaquia. Hoxe son arredor duns 100.000 entrambos lados da fronteira. A súa forma de vida sempre estivo moi ligada á paisaxe e ás montañas nas que habitan, e ó viviren de maneira isolada, e nunha rexión de fronteira desenvolveron unha identidade e cultura diferenciadas da eslovaca e polaca. Durante os séculos XIX e parte do XX os gorales representaron pra moitos intelectuais románt... -
#48. O wymysorys. Como a rapaciada motivada pode dinamizar unha microlingua 27.03.2026 39mO wymysorys é a lingua xermana máis pequena e máis ameazada de desaparición do mundo. Falada soamente no municipio da Silesia polaca de Wilamowice (ou en wymysorys Wymysoü) por algunhas ducias de persoas. Hai 30 anos veciños e sociolingüistas predicían a súa desaparición ó morreren @s derradeir@s falantes. O uso da lingua foi prohibido polas autoridades da Rep. Socialista de Polonia e iso creou un trauma na poboación local de Wilamowice. Porén, nos anos 90s naceron na vila mociñ@s que decidiron revitalizar a lingua dos seus avós e bisavós. Hoxe hai unha comunidade de 100 falantes (entre neo e... -
De leria con.. Mario Brión @olaxonmario 16.03.2026 32mComezamos unha nova sección coa que queremos alargar o podcast, publicando entrevistas con persoas que por unha razón ou outra fan cousas interesantes e de certa maneira relacionadas coa temática do Fóra de mapa. O primeiro convidado é Mario Brión, @olaxonmario nas redes, influencer das traiñeiras, Mestre Mateo award nominated, probablemente o noso maior fans, e que habitualmente publica contidos sobre identidades periféricas, literal e metaforicamente, conflitos lingüísticos e diversidade cultural con moita retranca pero tamén con rigurosidade. Músicas: Happy to see you again - MooveKa Balkan... -
#Petisco lixeiro. O idioma tabarkino - Episodio exclusivo para mecenas 26.02.2026 9mAgradece a este podcast tantas horas de entretenimiento y disfruta de episodios exclusivos como éste. ¡Apóyale en iVoox! Sardeña é un territorio cunha diversidade lingüística enorme, nel fálanse cinco idiomas diferentes, unha oficial, o italiano, 2 outras recoñecidas e protexidas pola lei nacional, o sardo e máis o catalán en L´Alguer, e 3 máis recoñecidas e protexidas pola lei rexional, o sassarese e o gallurese (estas 2 últimas son formas do corso) e máis o o tabarkino. Este último idioma, falado en 2 pequenas illas no sudoeste de Sardeña, é unha forma da lingua ligur que hoxe aínda mantén u... -
#47. Os sardos. Seica poucos, tolos e mal unidos 23.02.2026 51mSardeña é unha gran descoñecida a pesar de que cada verán millóns de turistas visitan a súa fermosa costa. Porén, a illa conta cunha cultura propia riquísima, unha diversidade lingüística enorme e un abundante patrimonio histórico. 5 linguas se falan en Sardeña, sardo, gallurese, sassarese, catalán, tabarchino e italiano, e esta diversidade, a pesar de estar ameazada por unha forte diglosia aínda é ben visible nas rúas e carreiros de cidades, vilas e aldeas do país. A condición de insularidade de Sardeña favoreceu esta diversidade e tamén que agromase unha cultura popular única, con raíces ben... -
Episodio especial. Diáspora e fútbol 26.01.2026 38mO fútbol é un espazo moi relevante pras diásporas, ademais de ocio tamén é pra moitos seguidores parte importante da súa identidade colectiva e individual Esta dimensión social fixo que ó longo da historia do deporte houbese moitos equipos que representaron e representan a colectivos de refuxiados e tamén de emigrados, equipos cos que estes grupos tentan aínda hoxe, manter a súa vinculación coa patria distante ou perdida. Músicas: ΠΑΟΚ ke kseró psomí! - Státhi Nikolaïdi O Son das túas Ondas - Diplomáticos de Monte Alto -
#Petisco lixeiro. A guerra civil albanesa - Episodio exclusivo para mecenas 19.01.2026 17mAgradece a este podcast tantas horas de entretenimiento y disfruta de episodios exclusivos como éste. ¡Apóyale en iVoox! En Albania, nos 90, a transición do comunismo á economía de mercado e democracia liberal (bastante imperfectas) estivo chea de problemas: inestabilidade política, unha privatización caótica, emigración masiva, inflación, crime organizado gañando moito poder e no 1997 unha guerra civil. Nos 90s comezaron a xurdir empresas financeiras que funcionaban como auténticas estafas piramidais e nas que gran parte da poboación albanesa depositou os seus magriños aforros. Ó colapsar tod...
Popular in
The podcast also appears in the podcast charts of these countries.