Resonancias. Foro profesional de instrumentos musicais

Resonancias. Foro profesional de instrumentos musicais

Música no Claustro
Country Spain
Genres Leisure, Crafts
Language GL
Episodes 53
Latest 15.11.2026

Resonancias é unha plataforma de divulgación que reúne experiencias, reflexións e ideas sobre a investigación, a conservación e a construción de instrumentos musicais. Os contidos forman parte do Foro profesional impulsado pola Fundación Pública Artesanía de Galicia, no marco do festival Música no Claustro, con sede na Catedral de Tui. O podcast está financiado pola Unión Europea a través dos fondos Next Generation do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia, e conta co apoio do Ministerio de Cultura de España.

Episodes

  • Guitarra, son de madeira galega (I)
    Guitarra, son de madeira galega (I) 15.11.2026 17m
    Neste episodio achegámonos a Guitarra, son de madeira galega, un proxecto patrocinado pola Axencia Galega da Industria Forestal-XERA que impulsa o deseño e construción dunha guitarra profesional de concerto a partir dunha investigación sobre as madeiras galegas e as súas posibilidades.Da man dos lutieres Jose Catoira e Pablo Sánchez Otero, integrantes de Laboratorio de Cordas, coñecemos os primeiros pasos deste proceso: a selección das madeiras, o estudo das súas propiedades acústicas, mecánicas e estéticas, e a súa adecuación ás distintas necesidades de cada parte do instrumento. Un traballo...
  • Cabo Verde e o Batuku
    Cabo Verde e o Batuku 31.12.2025 38m
    Neste episodio de Resonancias viaxamos ao Festival de Batuku de Tarrafal, na Illa de Santiago, para achegarnos a unha das manifestacións culturais máis antigas e poderosas de Cabo Verde.A través da música, da danza e da palabra, percorremos a historia dun ritmo que sobreviviu á represión colonial grazas ao enxeño, á resistencia e ao papel fundamental das mulleres na súa preservación.Contamos coa participación de Mário Lúcio, Marisa Correia e Ana Paula Moura, tres voces clave para comprender a evolución do batuku, desde os espazos comunitarios ata os escenarios contemporáneos. Unha expresión cu...
  • Museu de la música de Barcelona
    Museu de la música de Barcelona 27.12.2025 49m
    Os museos de música son espazos onde o patrimonio material dialoga co son, coa memoria e coa práctica viva. Neste episodio achegámonos ao Museu de la Música de Barcelona para coñecer como se constrúe, se conserva e se activa unha colección de instrumentos musicais nun museo especializado, en paralelo á preservación de acervos persoais de nomes propios da música catalá.Conversamos con Marisa Ruiz Magaldi, xefa de coleccións e documentación desde 2015, sobre a historia e a estrutura da institución, os criterios de adquisición e exposición, o papel das reservas e os retos da conservación preventi...
  • Women in lutherie. Unha comunidade para as mulleres na lutería
    Women in lutherie. Unha comunidade para as mulleres na lutería 21.12.2025 31m
    A lutería é un oficio no que a presenza das mulleres segue a ser minoritaria, pero nos últimos anos estase a producir un cambio progresivo e significativo. Neste episodio de Resonancias falamos de xénero, memoria e futuro a través de Women in Lutherie, unha comunidade internacional que traballa para visibilizar o papel das mulleres na construción, investigación e conservación de instrumentos musicais.Conversamos con Ruth Obermayer, lutier alemá afincada en Granada e Community Facilitator desta comunidade, sobre a orixe do proxecto, os desafíos actuais do sector, a relación coas novas xeracións...
  • Música e son na experiencia dos viaxeiros británicos en Galicia. Eva Moreda
    Música e son na experiencia dos viaxeiros británicos en Galicia. Eva Moreda 18.12.2025 32m
    A musicóloga galega Eva Moreda, especialista na historia musical da España contemporánea, toma o artigo “Music in Spanish Galicia” (1924), do británico John Brande Trend, como detonante para abrir unha nova liña de investigación dedicada á música e ao son na experiencia dos viaxeiros británicos en Galicia. A súa participación conta co apoio do Glasgow Knowledge Exchange Fund da Universidade de Glasgow, institución da que é catedrática de musicoloxía.Moreda explora como, antes de Trend, diversos viaxeiros británicos visitaron Galicia a comezos do século XX e deixaron nas súas guías e memorias n...
  • O entusiasmo na lutería: Ana Fariña, Guillermo Dacal e Patricia Cela.
    O entusiasmo na lutería: Ana Fariña, Guillermo Dacal e Patricia Cela. 14.12.2025 33m
    Neste episodio escoitamos as voces de Ana Fariña, Guillermo Dacal e Patricia Cela, tres persoas que deciden apostar polo oficio da construción de instrumentos musicais desde lugares e momentos vitais moi distintos, equilibrando vocación, realidade e entusiasmo.A través das súas experiencias persoais coñecemos mudanzas internacionais, retornos a Galicia, aprendizaxes intensas e paróns necesarios. Fálannos das dificultades reais do oficio, dos retos económicos e emocionais, dos teitos de cristal e tamén da importancia de atopar espazos de calma onde crear, reparar e recuperar sentido.As súas tra...
  • Prevención de riscos laborais nos obradoiros de instrumentos musicais
    Prevención de riscos laborais nos obradoiros de instrumentos musicais 07.12.2025 39m
    Neste episodio exploramos un tema esencial, aínda que pouco tratado nos obradoiros de instrumentos musicais: a prevención de riscos laborais. Falamos do impacto que teñen materiais, procesos, espazos de traballo e hábitos profesionais na saúde das persoas que constrúen, manteñen e reparan instrumentos musicais. Para iso contamos con dúas voces complementarias:A lutier asturiana Elena Llanes, que en 2012 realizou o seu traballo de fin de máster de riscos laborais sobre o obradoiro de construción de gaitas de Patricia Cela, introduce os riscos reais como o po de madeira, os fungos, as vibracións...
  • Intérpretes e lutería. Unha convesa entre Raquel Areal e María Casado
    Intérpretes e lutería. Unha convesa entre Raquel Areal e María Casado 01.12.2025 24m
    Neste episodio achegámonos ao diálogo entre construción, interpretación e repertorio a través dunha conversa entre a violinista galega Raquel Areal, integrante da Filharmónica de Berlín, e a xestora cultural e violinista María Casado, coordinadora do programa MUSAE (Música en los Museos Estatales) do Ministerio de Cultura. Xuntas reflexionan sobre o acceso aos instrumentos, a importancia da honestidade na relación coas persoas lutieres, as carencias formativas na lutería dentro dos conservatorios e a necesidade de fortalecer a conexión entre profesionais da interpretación e da construción. Dir...
  • Mapeo de eventos arredor dos instrumentos musicais
    Mapeo de eventos arredor dos instrumentos musicais 23.11.2025 33m
    Trazamos unha cartografía polos principais eventos que hoxe articulan o ecosistema arredor da construción, investigación e difusión dos instrumentos musicais. Desde o foro Resonancias, onde nace este podcast, ata o recente encontro Zona da zanfona, celebrado en Arzúa, percorremos feiras, encontros profesionais, xornadas científicas e festivais que poñen en diálogo a lutería, a artesanía, a interpretación e a investigación organolóxica.Viaxamos polas Xornadas de Instrumenta, polo Encontro Profesional Galego para a Construción de Instrumentos impulsado por LABRA (Asociación Profesional Galega de...
  • Identidades: arte, artesanía e autoría. Porta da Pía Artesanía, Noroeste Obradoiro e Aitor.
    Identidades: arte, artesanía e autoría. Porta da Pía Artesanía, Noroeste Obradoiro e Aitor. 16.11.2025 34m
    Neste episodio presentamos un debate sobre as fronteiras líquidas entre arte, artesanía e autoría.Conversamos con Susana Cabo Buján propietaria da tenda de artesanía Porta da Pía, José Castro xoieira de Noroeste Obradoiro e Aitor Martínez artesán en madeira, tres voces que representan diferentes xeitos de entender a creación contemporánea.Un diálogo sobre identidades, marcas comerciais e persoais, valores compartidos e soños de futuro para a artesanía galega.Dirección: Beatriz FontánProdución executiva e comisariado: Samuel DizProdución de son: Isaac Palacín.Deseño gráfico: Beatriz Fontán.Revi...
  • Oficina Española de Patentes e Marcas, unha entidade pública ao servizo da artesanía
    Oficina Española de Patentes e Marcas, unha entidade pública ao servizo da artesanía 09.11.2025 48m
    A Oficina Española de Patentes e Marcas é unha entidade pública que protexe as patentes e os modelos de utilidade, así como as marcas e os deseños industriais na artesanía. Esta entidade custodia un dos arquivos históricos máis importantes do mundo no relativo ao enxeño e á creatividade humana na súa faceta de propiedade industrial. Pablo López de Unceta e Eduardo Rodríguez Álvarez, guían este percorrido polo pasado, presente e futuro da protección da nosa capacidade de inventar.Dirección: Beatriz FontánProdución executiva e comisariado: Samuel DizProdución de son: Isaac Palacín.Deseño gráfico...
  • Ciencia, tecnoloxía, experimentación e fama dos construtores de instrumentos musicais na historia. Cristina Bordas
    Ciencia, tecnoloxía, experimentación e fama dos construtores de instrumentos musicais na historia. Cristina Bordas 02.11.2025 32m
    A musicóloga Cristina Bordas, referente internacional en organoloxía, condúcenos nun percorrido pola historia das persoas construtoras de instrumentos musicais: artesás, inventoras e enxeñeiras que uniron ciencia, tecnoloxía e arte para facer posible a música.Desde os obradoiros medievais ata as patentes do século XIX, Bordas amosa como a busca da harmonía impulsou avances técnicos e simbólicos, desde o compás e os autómatas ao piano de Cristofori. Un diálogo entre historia, experimentación e creatividade que reivindica o valor das persoas que transformaron o son en patrimonio universal.Cristi...
  • O cuatro, un instrumento portorriqueño, construído con castiñeiro galego. Ricardo Ramos e Pablo Hernández Mejías
    O cuatro, un instrumento portorriqueño, construído con castiñeiro galego. Ricardo Ramos e Pablo Hernández Mejías 18.10.2025 28m
    Ricardo Ramos naceu en Bayamón, municipio de Porto Rico, illa caribeña cunha identidade musical propia marcada polo son do cuatro: un instrumento de corda pulsada que constrúe actualmente no seu obradoiro situado en Sarria (Lugo). O seu traballo combina o respecto á tradición boricua coas innovacións adquiridas na súa formación en Granada e La Herradura, achegando novas técnicas de construción. Como mostra deste diálogo, Ricardo Ramos presenta un cuatro construído con madeira galega de castiñeiro.Escoitamos a sonoridade deste instrumento grazas ao músico Pablo Hernández Mejías, que interpreta...
  • Un violonchelo con madeiras do rural galego. Adrian M. Pereiro e ensaia.
    Un violonchelo con madeiras do rural galego. Adrian M. Pereiro e ensaia. 13.10.2025 23m
    Adrián M. Pereiro é un lutier galego formado na Escola de Artes e Oficios de Vigo e na Escola Vasca de Luthería de Bilbao (BELE). En 2023 desenvolveu o proxecto “Un chelo, catro historias”: un violonchelo construído con madeiras procedentes das catro provincias galegas. Cada madeira achega unha historia vencellada á cultura, á artesanía ou á recuperación do patrimonio no ámbito rural. Detrás deste proxecto está ensaia., unha comunidade de financiamento colectivo que impulsa a creatividade, a innovación e o talento en Galicia. Cada ano, persoas de todo o mundo colaboran de forma voluntaria e an...
  • Pablo Carpintero e Rosa Sánchez: as gaitas de fol na provincia de Pontevedra.
    Pablo Carpintero e Rosa Sánchez: as gaitas de fol na provincia de Pontevedra. 29.08.2025 35m
    O contido deste PODCAST ten a súa orixe na conferencia realizada por Pablo Carpintero e Rosa Sánchez sobre as súas investigacións das gaitas de fol na provincia de Pontevedra, no marco Foro profesional de instrumentos musicais RESONANCIAS convocado pola Fundación Pública Artesanía de Galicia e o festival Música no Claustro o 6 de agosto de 2024, na Catedral de Tui. Trátase dunha aproximación aos diferentes tipos de gaitas de fol documentados na provincia de Pontevedra. Un patrimonio musical que non só sorprende pola súa diversidade, senón tamén pola súa antigüidade. Ao longo deste episodio, o...
  • Madou Kouyaté e Fodé Lassana Diabaté: a construción do ngoni e o balafón, dous instrumentos tradicionais da cultura griot.
    Madou Kouyaté e Fodé Lassana Diabaté: a construción do ngoni e o balafón, dous instrumentos tradicionais da cultura griot. 31.07.2025 21m
    O contido deste PODCAST ten a súa orixe na conversa cos músicos malienses Madou Kouyaté e Lassana Diabaté no Foro profesional de instrumentos musicais RESONANCIAS convocado pola Fundación Pública Artesanía de Galicia e o festival Música no Claustro o 6 de agosto de 2024, na Catedral de Tui. Con Madou Kouyaté e Lassana Diabaté, integrantes do Trio da Kali, xunto ao manager Saúl Presa, achegámonos ao valor social e ás características de construción do balafón e do ngoni, dous instrumentos tradicionais de culturas minoritarias. Madou Kouyaté e Lassana Diabaté proveñen de célebres familias griots...
  • Montes de Couso (Gondomar), un modelo holístico na xestión do patrimonio natural e cultural.
    Montes de Couso (Gondomar), un modelo holístico na xestión do patrimonio natural e cultural. 16.10.2023 23m
    O foro profesional Resonancias sae de Tui para visitar os Montes de Couso, no municipio limítrofe de Gondomar. Xosé Antón Arauxo, presidente da comunidade de montes, defende o valor multifuncional de futuro na xestión deste patrimonio natural e cultural, dignificando o feito de vivir do monte dende un concepto colectivo deseñado a medio e longo prazo. Acompañado do enxeñeiro Francisco Pedras, técnico do Centro de Innovación e Servizos Tecnolóxicos da Madeira de Galicia (CIS-Madeira) da Axencia Galega da Industria Forestal (XERA), Xosé Antón Arauxo presenta o Bosque da Lingua, proxecto do que n...
  • Taller práctico sobre a instalación do programa FORTRA da Xunta de Galicia
    Taller práctico sobre a instalación do programa FORTRA da Xunta de Galicia 16.10.2023 21m
    FORTRA é unha aplicación que permite certificar a trazabilidade e a pegada de carbono do produto artesán no compromiso de emprego de madeiras locais e favorece o aumento do seu valor comercial. Os enxeñeiros informáticos Victoriano Maestre e Jesús Álvarez, da empresa Nunegal Consulting, presentan este programa impulsado pola Axencia Galega da Industria Forestal (XERA) da Xunta de Galicia. Este PODCAST está financiado pola Xunta de Galicia a través da Axencia Galega da Industria Forestal XERA, no seu obxectivo de incentivar o deseño de produtos derivados do sector forestal na procura de solució...
  • Proxecto para a valorización sustentable da madeira de masas de frondosas caducifolias de Galicia.
    Proxecto para a valorización sustentable da madeira de masas de frondosas caducifolias de Galicia. 16.10.2023 20m
    Francisco Pedras, enxeñeiro técnico do Centro de Innovación e Servizos Tecnolóxicos da Madeira de Galicia (CIS-Madeira) presenta o Proxecto para a valorización sustentable da madeira de masas de frondosas caducifolias de Galicia. Este PODCAST está financiado pola Xunta de Galicia a través da Axencia Galega da Industria Forestal XERA, no seu obxectivo de incentivar o deseño de produtos derivados do sector forestal na procura de solucións estruturais verdes que contribúan co ambiente.
  • José Enrique López Ocampo: 400 anos fabricando sinos en Arcos da Condesa
    José Enrique López Ocampo: 400 anos fabricando sinos en Arcos da Condesa 28.08.2023 38m
    Despois de case 400 anos da súa fundación, José Enrique López Ocampo mantén vivo o obradoiro familiar de Campás Ocampo situado en Arcos da Condesa, no concello pontevedrés de Caldas de Reis. O foro profesional Resonancias visita este obradoiro do Rexistro Xeral de Artesanía de Galicia. Unha oportunidade para coñecer de primeira man o proceso de deseño, construción e fundición dunha campá seguindo as técnicas artesanais antigas.

Popular in

The podcast also appears in the podcast charts of these countries.